TELÉFONOS DE INTERESE
▼
7 de mayo de 2014
UNHA VECIÑA DE MEIS IMPUTADA POR UN INCENDIO
A Policia Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra procedeu a imputar a unha veciña coma presunta autora dun incendio forestal motivado polo escape de queima forestal, ao non adoptar as medidas preventivas básicas necesarias para facer a queima. O incendio tivo lugar na parroquia de San Martiño no concello de Meis, e afectou a unha superficie de 100 metros cadrados de monte arborado e 1.100 metros cadrados de monte raso. Para a extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta, e polos feitos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.