RAPACES DE CAMBADOS FINALISTAS NOS XIV PREMIOS MURALLA DE LUGO
Foi máis difícil que nunca. De feito, o xurado tardou
en decidirse polos traballos gañadores. A gran cantidade de obras
presentadas aos XIV Premios Muralla (3.005 debuxos e 494 redaccións) e a
calidade das mesmas contribuíron o seu. Antes de acordar os nomes dos
gañadores, os traballos -expostos xa no Pazo de Feiras e Congresos-
foron revisados meticulosamente polos membros do xurado, este ano
formado polo alcalde, José López Orozco; o delegado de Cultura da
Deputación, Mario Outeiro; o vicerreitor do campus en funcións, Pedro
García Herradón; a xefa de coordinación de Cultura, na delegación da
Xunta de Lugo, Yolanda Gómez González, e a presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.
Tras preto dunha hora de percorrido e media máis de deliberación, o
xurado acordou dar o primeiro premio, na categoría de redacción, a Aroa
Lombardía Freire, de 10 anos e de Lugo, que se presentou de forma
individual. En debuxo, o premiado foi, en cambio, un neno de Ourense,
Alberto Ferro Vázquez, que cursa quinto de Primaria no colexio María
Auxiliadora-Salesianos.
Os finalistas, en redacción, foron: Iria Salgado
Negral. do Ceip Eloísa Rivadulla (Chantada); un traballo conxunto
presentado polos alumnos de L-emos, un taller de lectura da biblioteca
municipal de Cambados (Pontevedra), e Aida Fernández González, do
colexio Divina Pastora-Salesianos, xunto con Carlos Cerdeira Teijeira,
do colexio María Auxiliadora, e Anthea Calvo Pérez, de Lugo. Noraboa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.