XA COSTOU A SUA CONTRUCCIÓN A AGORA PODEN TRAER MÁIS GASTO AOS GALEGOS A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten
acreditado con diferentes informes de carácter técnico, económico e
financeiro que as concesionarias das autovías do Salnés e do Barbanza
están en risco real de entrar en concurso de acredores, o que
implicaría a inviabilidade de ambas concesións, polo que a Axencia
Galega de Infraestruturas está a buscar as solución menos gravosa para o
erario público cun único obxectivo: que autovías sigan operativas e
prestando o mellor servizo aos cidadáns sen repercusión ao usuario e co
menor custe para a Administración. Así o trasladou esta mañá a
directora da Axencia, Ethel Vázquez, na súa comparecencia na Comisión 2ª
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos da
Cámara galega, durante a que explicou que as sociedades concesionarias
do Salnés e do Barbanza teñen solicitado, ante esta situación, o
reequilibrio económico do contrato de concesión, petición que está sendo
analizada pola Xunta de Galicia.
Segundo explicou Vázquez, a
situación ven dada en boa parte polas caídas de tráfico en ambas
infraestruturas, de xeito que as intensidades medias diarias (IMD), en
base ás que se establece o canon de demanda que a Xunta aboa anualmente
ás concesionarias, teñen o seu efecto directo en que as empresas non
logran os ingresos suficientes para facer fronte aos gastos financeiros
derivados da construción e explotación da autovía. A directora da
AXI apuntou que no caso da autovía do Salnés, o tráfico que circula pola
concesión empezou sendo cerca dun 22,5% inferior ao estimado,
porcentaxe que no 2013 acadou o 40,5%. As porcentaxes no Barbanza son
dun 28,6% menos ao inicio da concesión, e dun 42% en 2013. Ethel
Vázquez asegurou que A Xunta de Galicia está a analizar este problema,
as consecuencias de que as concesións entren en concurso de acredores,
así como as alternativas para que isto non suceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.