MÁIS CARTOS PARA SERVIZOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou esta mañá
incrementar en 220.000 euros a contía que a Administración provincial
destina ó financiamento dos servizos sociais comunitarios nos concellos
de menos de 20.000 habitantes, que acada así a contía total de 2,5
millóns de euros. Con esta achega preténdese dar resposta á
demanda que os concellos teñen en materia de axuda no fogar e evitar que
persoas que precisan deste servizo e reúnen os requisitos queden
desatendidas. A decisión adoptouse despois de coñecer as
necesidades de cada un dos concellos que se acolleron a estas achegas e
que permitiu determinar que a demanda de axuda no fogar nalgúns
concellos requiría dun incremento na partida inicialmente disposta para
este servizo. Os concellos beneficiarios poderán ser O Covelo, Catoira, As Neves,
Moraña, Cuntis, Ponte Caldelas, Vilaboa, Valga, Soutomaior, Salceda de
Caselas, Silleda, Salvaterra de Miño, Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar,
Poio, Tui, Sanxenxo, Nigrán e Moaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.