A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a
adxudicación definitiva e a ratificación da aceptación dos lotes da
herdanza de Alicia Crespí González para a institución provincial. Algo do que xa informamos no seu momento.
O
sorteo dos lotes tivo lugar en Madrid o pasado 20 de febreiro ante o
notario Luis Quiroga Gutiérrez e á Deputación de Pontevedra
correspondéronlle os lotes 4 e 7, que teñen un valor total de 734.194
euros.
O lote núm. 4 ten un valor de 367.097 € e inclúe un piso
no núm. 7- 3º da avenida de Badajoz en Madrid (290.000 €); mobles e
enseres por valor de 37.250 €; e valores mobiliarios (contas correntes e
carteiras) por 39.846,8 €.
O lote núm. 7 ten un valor de
367.097 € e inclúe un piso no núm. 2 – 1º esquerda da rúa Pico de Alba
en Madrid, (130.000 €); mobles e enseres por valor de 17.219 €; e
valores mobiliarios (contas correntes, fondo de renda fixa, fondos
carteiras) por un valor total de 219.876.
A herdanza de Alicia
Crespí foi repartida en 7 lotes: o primeiro para Cáritas Española, para
unha residencia de anciáns; o segundo e mais o quinto para os irmáns
Luis e Antonio Crespí González, para restaurar edificios antigos en
Santiago de Loureiro, en Cotobade; o terceiro para a Universidade de
Vigo, para a Escola de Maxisterio; o cuarto e o sétimo para a Deputación
de Pontevedra e o Museo Provincial; e o 6 para as Irmás Doroteas, para
a sede e o colexio.
O valor total da herdanza de Alicia Crespí
estaba valorado en 3,4 millóns de euros os seus bens (pinturas,
vivendas, mobles e útiles) e en 793.575 € os depósitos, contas, fondos e
seguros. O testamento foi outorgado en Madrid en 1995. Ó seu viúvo,
Ángel González Ferrero, deixoulle o usufruto e o 12,5 % do valor dos
bens (283. 157 €).
Os bens incluían 5 pisos en Madrid e un na
Toxa; unha vivenda con rocho e praza de garaxe en Madrid; outras prazas
de garaxe e unha leira en Cotobade, ademais de distintos valores.
O legado específico para o Museo de Pontevedra son 17 mobles, 9 obras
de arte (pintores anónimos do século XIX, de José Fernández Lamas, de
Teresa Abril Martorell, José Luis Lagos e outros) e varias obras de
cerámica, instrumentos musicais antigos e coleccións de fotografías.
A Xunta de Goberno da institución provincial agradeceu, por medio do
seu presidente Rafael Louzán, o legado, e destacou o labor altruísta e
solidario de Alicia Crespí González "porque o seu legado, xunto ó
doutros mecenas pontevedreses, contribúe ó engrandecemento do Museo de
Pontevedra e a convertelo nunha referencia en Galicia e España". Louzán
destacou a "exemplar confianza de Alicia Crespí nas institucións, sobre
todo hoxe cando desde algún sector seméntanse dúbidas sobre elas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.