Alcaldes socialistas e do BNG volveron concentrarse en Santiago contra a
suba do canon de Sogama. Unha semana despois de protestar diante do
Parlamento, os rexedores concentráronse ás portas de San Caetano.
Rexeitan a suba do 34 por cento no canon do tratamento de residuos
sólidos urbanos de Sogama. Cren que é inxusta, e pídenlle á Xunta
diálogo e alternativas.
"Defendemos e poñemos enriba da mesa unha proposta que pasa por facer
copartícipes equitativamente do canon de Sogama a Xunta de Galicia, os
concellos e a propia Sogama", explicou un dos concentrados.
Para outro rexidor, "a vía do diálogo, a
negociación e o consenso vai ser fundamental para arranxar este
problema."
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.