| Fernanda Lois recolleu o premio |
A loita das mulleres da residencia Valle Inclán, que veñen mobilizándose desde xaneiro de 2013 pola readmisión das traballadoras despedidas, recibiu o Premio 8 de marzo na súa VIII edición.
A secretaria da Muller, Margarida Corral, foi a encargada de entregar os agasallos e de lembrar a acción sindical desenvolta pola traballadoras da Residencia Valle Inclán durante máis de un ano contra unha sociedade na que se desviaron cartos a contas persoais, creando outras sociedades e comprando coches de alta gama, “cando ao persoal se lle adebedaban 4 mensualidades e non se estaban a cumprir as sentenzas condenatorias dos xulgados do social de Pontevedra”.
Xunto a estes, a secretaria da Muller da CIG denunciou que se denegaron sistematicamente, por parte da dirección, as reducións de xornada por coidado de menores, tendo que as demandar ao xulgado do social e “impóñense sancións indiscriminadamente, insultos por parte da dirección para crear división entre o persoal, degradación e descualificación ante as compañeiras.
Salientou ademais que foi a raíz do requirimento da Inspección de Traballo e do Xulgado do Social de Pontevedra de que se puxera a disposición do comité de empresa e do xulgado todo referente ao estado das sociedades e situación das empresas, cando a dirección despediu ao resto dos membros do comité de empresa “para non ter que entregarlle a documentación”.
Posteriormente, cando intentou a revogación do comité e non o consiguiu despediu tamén a outro grupo, así como as delegadas das seccións sindicais, ascendendo o número de despedimentos, na actualidade, a un total de 39, celebrándose 20 xuízos dos cales 15 despedimentos foron declarados nulos, recoñecendo a persecución sindical. “O resto están pendentes de sentenza”, matizou.
Neste momento a empresa principal está en fase de liquidación no concurso de acredores, e están condenadas tamén o resto das empresas á readmisión das traballadoras despedidas. Mentres, os empresarios crean novas empresas e fan cesión ilegal de traballadores.
Denunciou tamén que “tanto a Xunta de Galiza como a Autoridade Laboral están de brazos cruzados ante esta situación, pese a que deberan velar polo cumprimento da máis estrita legalidade tanto en materia laboral como no referente os requisitos esixidos no concerto” e subliñou que a pesar desta situación, “as traballadoras non ficaron á espreita de que o goberno do Partido Popular interviñese. E tal e como versa o sublema do 8 de marzo: Querennos na casa!Respostemos na rúa!”
Fonte:Xornal Dixital AVANTAR
Fonte:Xornal Dixital AVANTAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.