TELÉFONOS DE INTERESE

7 de marzo de 2014

ALGO ESTÁ A FALLAR



Algo está a fallar.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a puxanza do sector galego da conserva de peixes e mariscos e a súa capacidade de resistencia fronte á crise. Fíxoo na presentación da nova colección do Museo Anfaco da industria conserveira.
Como é posible que cada vez haxa menos empresas conserveiras e sigamos a ser referente no sector nacional e mundial.
Será pola cantidade de conserva que ven envasada de fora e que aquí tápase cunha caixiña de cartón con nome de empresa galega?.

Que lles pregunten as empregadas de CUCA de Vilaxoán, ALFAGEME Ribadumia-Cambados ou PEÑA pola puxanza do sector. So na comarca do Salnés.

Ben é certo que hai empresas que crecen pouco, pero crecen. E outras que non fan máis que papar subvencións para aguantar un tempo ata que as institucións solten outra vez os euros.
A conselleira indicou que as industrias conserveiras saben manterse mesmo nos tempos difíciles e lembrou neste sentido que o pasado ano este sector elaborou un total de 342.525 toneladas de conservas de peixe en España, achegando Galicia o 85% da produción nacional.

En 2013 a industria conserveira española rexistrou unha facturación de máis de 2.500 millóns de euros, mantendo España o seu posto de maior produtor da UE e segundo a nivel mundial, tras Tailandia. Ademais, España é o país do mundo que maior variedade de produtos e preparacións de produtos transformados da pesca e da acuicultura presenta, todo apoiado na I+D+i. Rosa Quintana subliñou a importancia desta aposta e da internacionalización como ferramentas indispensables para desenvolver novas técnicas “que nos fagan competitivos e que supoñan que nos sigamos diferenciando como conserveiros de calidade”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.