O blog Urban Sketchers Spain adica unha entrada publicada o xoves a Praza das Rodas de Cambados. Da man de Eduardo Baamonde e con dous dibuxos retrata a praza dun xeito particular, cecáis diferente a como a vemos os que transitamos todos os dia por ela. Urban Sketchers é un colectivo de artistas en todo o mundo que debuxan as cidades onde viven e os sitios onde viaxan. Visita o blog principal en Urban Sketchers punto org. Podes contactar con Urban Sketchers Spain escribindo a esta dirección: usk.spain@gmail.com
Así describe Eduardo Baamonde a praza: "Unha das prazas de Cambados máis acolledoras e concorridas á hora de tomarse boas tapas e viños. Pinteina en varias ocasións e, creo, que volverei máis veces sobre o mesmo tema, pois as variacións de luz ao longo do día e das estacións convértena nun motivo inmellorable para estudar a diversidade dentro da unidade".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.