TELÉFONOS DE INTERESE

11 de marzo de 2014

A FLOTA DO CERCO MANIFÉSTASE EN SANTIAGO





Armadores e mariñeiros do cerco vanse manifestar hoxe en Santiago en contra da repartición das cotas de xurelo e xarda que propón o Ministerio de Agricultura. A marcha partirá da praza do Obradorio e rematará ante o edificio administrativo da Xunta, en San Caetano.

Os representantes do colectivo do cerco aseguran que a súa intención é que a manifestación se desenvolva coa maior tranquilidade e normalidade posibles. O portavoz da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Andrés García, responsabilizou á Policía dos incidentes rexistrados na mobilización da pasada semana en Vigo.


Os 120 armadores que se declaran "en loita" por un reparto "xusto" das cotas de caballa, que esixen realizar de xeito lineal en función do número de tripulantes, reivindican que son un 80% do total de embarcacións de cerco da comunidade, que ascenden a 150.
A marcha arrincará ás 11,00 horas e aos 120 armadores sumaranse os centenares de tripulantes desta flota e compañeiros asturianos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.