A praza do Concello acollerá os concursos de carrozas e disfraces, mentres que no salón José Peña celébrase o baile infantil emais o concurso de filloas.
O alcalde, Luis Aragunde, emais o humorista Pepo Suevos presentaron o programa do Entroido 2014 animando ós cambadeses e veciños de toda a comarca a participar nos desfiles de carrozas, así como nos concursos de disfraces e de elaboración de filloas que van ser de novo as grandes atraccións. Arranca o sábado, 1 de marzo, cunha gran festa infantil no parque de Torrado, ás 16.30 horas, con xogos músicais, inchables e obradoiros de maquillaxe e globoflexia.
O 3 de marzo, luns de Entroido, vaise celebrar (no salón José Peña a partir das 16.30 horas) o baile infantil con animación e premios de ata 150 euros para os mellores disfraces nas categorías individual, parella e grupo. As 17.30 horas comezará o concurso de filloas que contará con premios para as habelenzas das mellores reposteiras ou reposteiros (100€ para as máis sabrosas e 100€ para o maior número de filloas elaboradas en 30 minutos, e 50€ por participar).
O Martes de Entroido (4 de marzo), a partir das 17.30 horas a praza do Concello vibrará coa música dos dj´s de Studio 21. De seguido, na mesma praza, reedítase o gran concurso de disfraces nas categorías de infantil e adultos con premios ó mellor disfraz individual de 100 euros, parella 150€ e grupo 250€.
(En caso de choiva este festival-concurso trasladaríase ó recinto do Salón de Congresos José Peña).
Enterro da Sardiña
O mércores de Cinza procederáse ó tradicional enterro da Sardiña, travestida nun personaxe de actualidade que esta volta será a temida Cicloxénese Explosiva. Ás 18.30 horas haberá degustación de doces típicos de Entroido elaborados pola asociación de Amas de Casa Albariño. Ás 19 horas, lectura do sermón e marcha funesta dende a praza do Concello ata a praia de San Tomé para enterrar a Cicloxénese. Ó sepelio convócase ás forzas vivas, viuvas e viuvos alegres, carpideiras, boys, gogós e todos os que a queiran despedir. As marchas fúnebres serán divertidas e irreverentes.
Descarga a programación AQUI
Descarga a programación AQUI
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.