TELÉFONOS DE INTERESE

10 de febrero de 2014

OS MARIÑEIROS DO CERCO SEGUEN COAS PROTESTAS


Mariñeiros da flota de cerco de toda Galicia, (entre eles, redeiras) reiteraron este luns o seu rexeitamento á repartición de cotas de xurelo e cabala proposto dende a Secretaria Xeral de Pesca e fixérono concentrándose nos portos galegos e protagonizando unha ‘pitada’.
"Pitada" no exterior do portoNo caso do porto de Vigo, onde hai máis de 30 barcos e uns 400 traballadores afectados, os mariñeiros concentráronse no porto pesqueiro e, posteriormente, desprazáronse á zona de O Berbés para cortar o tráfico durante case unha hora. A protesta, que se desenvolveu sen incidentes, ocasionou un importante colapso no centro da cidade, agravado por un corte de tráfico na rúa Elduayen, debido a un desprendemento.
Os mariñeiros denunciaron unha vez máis a situación na que lles deixa unha repartición de cotas que consideran inxusta. A ese respecto, voceiros do colectivo sinalaron que “se”negociou mal, en Madrid, e sen contar co sector para nada”.

Os afectados insistiron en que as flotas de cerco de Cantabria, Asturias e “sobre todo Galicia” quedaron, tras a repartición, “completamente desamparadas”. Por iso, advertiron de que manterán o “pulso” coa administración “ata que faga falta”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.