TELÉFONOS DE INTERESE
▼
8 de febrero de 2014
NOVIDADES NA OPERACIÓN CONSERVA
Novidades na Operación Conserva. Os catro detidos en Boiro e Santiago por simular o roubo de maquinaria están sendo investigados tamén por empaquetar peixe nun baixo sen licenza en Boiro. Poderían imputarlles un novo delito contra a saúde pública.
Os investigadores cren que neste almacén, ubicado nun baixo de Escarabote, en Boiro, se cometeu un delito contra a saúde pública pola manipulación de conservas de peixe e marisco sen control sanitario e pola súa distribución a comercios. Un local sen licenza no que a Garda Civil atopou máis maquinaria da que os catro detidos denunciaran o seu roubo doutra conserveira de Boiro, valorada nuns 5 millóns de euros.
Con todo, os axentes atoparan máis trebellos e ferramentas nunha nave en Cambados, que seguía vinculada ós agora imputados. Porén, a meirande parte foi atopada en Murcia, onde outro implicado as mercaba. Amais, hai oito persoas máis identificadas en Madrid, Castellón e As Canarias que poderían ser imputadas pola súa implicación nos feitos.
Está previsto que os tres familiares de Boiro e o cuarto detido en Santiago presten declaración mañá, acusados de alzamento de bens, apropiación indebida, estafa e falsidade documental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.