HOXE DECÍDESE O ÚLTIMO FINALISTA A COCIÑEIRO DO ANO
Iñaki Bretal,
cociñeiro do restaurante Eirado da Leña de Pontevedra é un dos oito
profesionais que compiten hoxe mércores 12 de febreiro pola única praza
que aínda queda dispoñible na gran final do prestixioso concurso
Cocinero del Año.
Verase as caras con outros tres cociñeiros guipuscoanos, dous
pontevedreses, un alavés e un pamplonés nun evento que se celebra en
Santiago de Compostela. O
escenario de este duelo gastronómico será o Centro Superior de
Hostelería de Galicia. Cada un deles deberá demostrar a súa calidade e a
súa maestría culinaria, presentando un menú que debe de estar
perfectamente escandallado e o seu valor non debe superar en ningún caso
os 16 euros.
Entrante, prato principal e sobremesa formarán a combinación dos oito
menús que resultaron merecedores de competir nesta semifinal.
Lorena Moldes
Oito
magníficos menús de cociñeiros que demostraron a súa creatividade, o
seu talento e o seu profesionalidade nos fogóns. Ademais
de Iñaki Bretal, os outros dous pontevedreses son Iván Méndez, do
Restaurante Balneario de Mondariz; e Lorena Moldes, do restaurante A
Tapería (O Grove). Xunto a eles competirán Alberto Molinero, do
Restaurante Lola (Berantevilla, Álava); Asier Alcalde, do restaurante
Laia (Hondarribia); Félix Manso, do Restaurante Gaztelumendi (Antxon,
Irún); Iñaki Andradas, do Restaurante 7 del 7 (Pamplona); e Gael
Dobarro, do Restaurante Ulia (San Sebastián). Só un deles poderá estar na final deste concurso, que se celebrará o 3 de abril no marco da feira Alimentaria Barcelona. O concurso Cocinero del Año é un prestixioso evento a nivel nacional dirixido a chefs profesionais maiores de 23 anos,
e avalado polo chef tres estrelas Michelin, Martín Berasategui. Esta
edición divídese en cinco semifinais ás que se presentan miles de chefs
de toda a xeografía española. Nesta quinta e última semifinal están
incluídas as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País
Vasco e La Rioja.
OUTRAS ACTIVIDADES Ademais
do concurso propiamente dito, todas e cada unha das semifinais contan
cun amplo programa de actividades paralelas abertas a todos os
profesionais da zona.
Para esta semifinal, entre outros eventos, haberá relatorios e
showcookings de estrelas Michelín e grandes chefs como Jordi Cruz
(coñecido por ser xurado do programa Masterchef), Beatriz Sotelo, Javier Olleros (do Restaurante Culler de Pau) ou Ignacio Rojo. En negrita membros do Grupo Nove Ademais, haberá diferentes degustacións de produtos dos patrocinadores do concurso. A entrega de premios levarase a cabo tamén no Centro Superior de Hostelería de Galicia) ás 19:00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.