Que os escolares coñezan a historia de Lobeira e como foi a antiga fortaleza e positivo. Este é obxectivo que se marcou a Mancomunidade do Salnés coa edición de 1.500 carteis que repartirán polos concellos da comarca. Recuperar este vestixio arqueolóxico segue entre as prioridades da entidade, e niso está a traballar coa Deputación de Pontevedra. Agardan que no verán xa se poidan ver cando menos as bases das murallas do castelo e potencialo como atractivo turístico.
Pero acaso non sería mellor acercalos e que vexan "in situ" este e outros atractivos da nosa comarca, menos coñecidos, doutro xeito. Cecáis a publicación dunha guía con todos os puntos de interese da comarca incluíndo como non, eses pequenos e decoñecidos tesouros.
| Con de Sete Pias |
Creemos que coma presidente da Mancomunidade debería buscar o ben de todos os concellos que a integran. Non só o de Vilanova.
Porque non pon ese empeño con outros bens a ter en conta esquecidos e abandonados que se reparten pola comarca?
remitir á Mancomunidade unha serie de correccións ó convenio proposto pola Deputación de Pontevedra para sacar á luz os restos da antiga fortaleza. O ente comarcal xa transmitiu estas modificacións ó provincial e agardan que en breve se dispoña do permiso para empezar cos traballos arqueolóxicos. Convencidos dese interese turístico, desde a Mancomunidade confían en que nos vindeiros meses se lle dea un pulo a esas investigacións arqueolóxicas, para no verán poder ver xa algúns dos restos, e aproveitar o paso da Volta ciclista a España para sacarlle partido promocional. Dalo a coñecer ós visitantes, pero tamén, e sobre todo, ós veciños da comarca. De aí que, baseándose na reprodución en 3D que realizaron sobre o edificio, elaboraran unhas láminas coa reconstrución do castelo que distribuirán entre os centros educativos da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.