Armadores do cerco de toda Galicia mantiveron novamente unha xuntanza na casa de cultura de Portosín para analizar o acordo ó que chegaron coa conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Cos ánimos moi caldeados, vendo o acontecido nos últimos días en Santiago e nos portos de Vigo e Coruña, a onde os armadores do cerco de toda Galicia quixeron levar o seu malestar polas actuais cotas da xarda e do xurelo, chegaban ós representantes do sector á reunión en Santiago coa conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Nesa xuntanza, que se prolongou por máis de seis horas, a titular de Mar pediulles un voto de confianza, comprometéndose a defender en Madrid as solicitudes do cerco galego, que pasan fundamentalmente porque o reparto se faga por tripulante embarcado.
Este principio de acordo cos representantes do sector foi refrendado en asemblea pola práctica totalidade dos armadores do cerco en Galicia, uns 117, que acudiron a unha reunión a Portosín. Está previsto que a Conselleira traslade nos próximos días estas demandas á Secretaría Xeral do Mar, quedando convocados para unha nova reunión coa conselleira mañán venres, na que xa haberá unha toma de decisión.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.