TELÉFONOS DE INTERESE

5 de febrero de 2014

BENITO VAITE XA!!! BENITO VAITE XAAAAAAAAA!!!!!






Armadores do cerco de toda Galicia reuníronse en Portosín para decidir as medidas a adoptar ante o reparto das cotas para a xarda e o xurelo. Os armadores do cerco continuarán co paro de forma indefinida ata lograr un reparto das cotas máis equitativo, baseado no número de tripulantes por embarcación. Así o decidiron na asemblea celebrada en Portosín á que asistiron representantes da flota de toda Galicia. 
Non cederán, din, ata que se retire o borrador do reparto que outorga preto do cincuenta por cento da xa de por si reducida cota para esta especie no caladoiro ó País Vasco. 


Ademais de seguir co amarre, na xuntanza acordaron tamén solicitar a dimisión de Benito González (patrón maior de Cambados), presidente da Federación Galega de Confrarías, xa que din non sentirse representados.

En canto á Conselleira do Mar, coa que xa mantiveron un encontro informar previo, volverán solicitar unha reunión para esta semana cunha delegación integrada polos patróns maiores de Sada, Portosín e Portonovo. Na acta da asemblea recóllese tamén a reprobación da xestión deste asunto por parte da Consellería. Algo que non entenden dende a administración posto que tanto a Consellería como o Ministerio traballan na mesma dirección para conseguir un plan de xestión axeitado ás necesidades do sector. Segundo Rosa Quintana, o sistema de reparto acordouse o pasado 20 de decembro co consenso dos representantes do sector en tódalas comunidades. Sen embargo, analizados os datos o sector detectou unha serie de erros que a secretaría xeral de pesca comprometeuse a solventar. Por esta razón, non entenden o precipitado do paro e piden tranquilidade ó sector. 

Os cerqueiros pretenden tamén involucrar ós concellos na súa loita por conseguir un reparto xusto polo que solicitarán a tódolos municipios con barcos do cerco que leven a pleno unha moción de apoio. O mesmo para o sector comercializador, que pretenden se solidarice porque ó fin e ó cabo é unha problemática que afecta a todo o sector.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.