TELÉFONOS DE INTERESE

7 de enero de 2014

TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN TENTAN ARRANXAR OS DESPERFECTOS DO TEMPORAL





Co obxectivo de repoñer danos ocasionados polo temporalen diversas vías da provincia, a Deputación iniciou unha serie de intervencións de urxencia.
Durante as últimas horas, as brigadas tiveron que realizar traballos na estrada provincial  EP Caldas-Vilanoviña que, debido aos anegamientos de auga, tivo que ser cortada. Foi preciso cortar un carril no quilómetro 5, á altura de Pazos de Lantaño, en dirección a Caldas.
Protección Civil de Cambados
Tamén foi necesario que se acometesen traballos no concello de Marín por un desprendemento de terra na estrada Seixo-Santo Tomé de Piñeiro, debaixo da Vía Rápida, provocou o corte dun carril.
No concello de Moraña produciuse outra grave incidencia na EP Mané-Rebón. Alí, á altura da ponte de Cornide, unha derruba ocupou a metade da calzada e a outra metade presentaba un mal estado, segundo a información transmitida pola Deputación Provincial.
A estrada Muiños Novos-Tabueiros no concello de Ribadumia tamén se viu afectada polas chuvias e apareceu inundada dende a Piscina de Ribadumia ata a gasolineira de Pontearnelas.
As brigadas provinciais tamén tiveron que intervir ante as numerosas caídas de árbores nas estradas que levaban consigo un perigo importante para o tráfico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.