O B.N.G. ven de denunciar un novo vertedoiro ilegal en Castrelo concretamente no camiño que hai escasamente un mes o Concello ven de anchear e, en teoría, acondicionar
a pista, nas Quintáns (Castrelo), que vai desde as proximidades de Condes de de
Albarei ata a Fundación “Manolo Paz”. Que actualmente dita pista encóntrase nun
estado lamentable, moito peor do que
estaba antes do arranxo do Concello e semella que esta imaxe é un convite para que o
lugar se convirta nun novo vertedorio ilegal en Cambados, algo que ultimamente
ven sendo común no Concello. Así, onte, foi depositada na citada pista unha
gran cantidade e variedade de lixo (desde colchóns ata, incluso, papeletas
electorais do PP) que debe servir para que o Concello tome nota sobre unha
actuación que segue polo mesmo mal camiño polo que naceu; polo que:
o B.N.G. pide polo tanto, que o Concello retire canto antes o lixo depositado na citada pista e tome as
medidas necesarias para que este tipo de actuacións deixen de ser tan habituais
en Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.