TELÉFONOS DE INTERESE

27 de enero de 2014

CONFERENCIA ANUAL SOBRE PLÁCIDO CASTRO





As conferencias anuais celébranse cada 25 xaneiro coincidindo co natalicio de Plácido Castro (1902) e serven para afondar nalgún aspecto da súa persoalidade, a súa obra ou o seu pensamento, da man de recoñecidos especialistas. Este ano trasladouse ao 27.
Na B.B.C.

Unha análise da obra plástica de Plácido Castro contextualizada no panorama da arte galega do seu tempo centrará a XV edición da Conferencia Anual Plácido Castro que terá lugar no Pazo de Torrado de Cambados hoxe dia 27 de xaneiro, ás 20.00 h.
A Conferencia é unha iniciativa da Fundación Plácido Castro que arredor de cada 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio deste autor, quen fora tamén secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista, xornalista e tradutor, aborda algunha cuestión relacionada coa súa traxectoria ou o seu ideario.
Nesta ocasión realizarase unha primeira aproximación a unha faceta inédita da súa personalidade, abordando os contornos dunha obra pictórica na que se reflicte a súa “fascinación coa acuarela como recurso de captación da paisaxe, ao tempo que evidencia o seu coñecemento técnico deste medio de expresión plástico citando pigmentos pictóricos como o vermello alizarín, o verde viridiano ou o azul cianino”.

A conferencia será desenvolvida por Xosé Carlos López Bernárdez, Profesor de Lingua e Literatura Galegas, licenciado en Xeografía e Historia, sec. Hª da Arte, e ensaísta de temas literarios e artísticos. En anteriores edicións teñen participado Ramón Lugrís, Igor Ahedo, Fernando Pérez-Barreiro, Valentín Arias, Luís A. Pousa ou Ramón Villares, entre outros.
A Fundación, creada en 2001, está constituída polos concellos de Corcubión (onde naceu en 1902), Vilagarcía de Arousa (onde traballou trala súa segunda volta de Londres), e Cambados (onde faleceu en 1967), así como pola Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
Plácido Castro foi unha figura poliédrica que se desenvolveu, principalmente, no campo do xornalismo (dende El Pueblo Gallego á BBC), da tradución (cunha versión excepcional de As Rubaiyat de Omar Kayyam, por exemplo) ou na política (formando parte da dirección do Partido Galeguista dende a súa creación ata 1936). Foi represaliado trala guerra civil e exiliouse en Londres ata 1956.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.