TELÉFONOS DE INTERESE
▼
5 de diciembre de 2013
UNHA FUNDACIÓN AFÍN AO PP NON CUMPRE OS REQUISITOS PERO É DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA
A Fundación FREMSS foi recentemente declarada de utilidade pública sen cumprir os requisitos necesarios para elo. A Xunta infrinxe as leis.
A recentemente creada Fundación FREMSS ao amparo dos fondos europeos destinados ao sector pesquero, so sirveu ata este momentopara montar foro, realizado en Palexco, Porto da Coruña, baixo os relatorios dos seus propios fundadores, a Sra. Rosa Quintana, Conselleira de Medio Rural e do Mar, Carlos Negreira, Alcalde da Coruña e Enrique Losada, Presidente do a Autoridade Portuaria da Coruña, pertencentes todos eles ao Partido Popular.
Di a Lei na Solicitude de declaración de utilidade pública e os seus Requisitos previos:
A Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación (BOE núm. 73, de 26-03-2002), establece no seu artigo 32.1.e) que, para que unha asociación poida ser declarada de utilidade pública, debe cumprir o seguinte requisito: que se atope constituída e inscrita no Rexistro correspondente, polo menos durante os dous anos inmediatamente anteriores á presentación da solicitude.
A análise das contas anuais resulta esencial para valorar, entre outros requisitos, si a entidade conta con medios persoais e materiais adecuados e cunha organización idónea que garantan o cumprimento dos fins estatutarios (art. 32.1.d) da Lei Orgánica 1/2002). Xa que logo hai que considerar que as entidades que soliciten a declaración de utilidade pública e que conten con patrimonio neto negativo (as débedas superan aos activos) incumpren o mencionado requisito legal.
A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) foi constituida en escritura pública outorgada na Coruña, o 30 de xaneiro de 2013, ante o notario José Guillermo Rodicio Rodicio, co número de protocolo 143, por Severino Ángel Ares Lago, actuando en representación da entidade mercantil Lonja de La Coruña, S.A. Escritura foi emendada por outra outorgada tamén na Coruña o 27 de xuño de 2013, ante o mesmo notario, con número de protocolo 858.
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38369
Consellería do Medio Rural e do Mar
RESOLUCIÓN de 17 de setembro de 2013 pola que se declara de interese galego e ordénase a inscripción no Rexistro de Fundaciones de Interese Galego da Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.