TELÉFONOS DE INTERESE

13 de diciembre de 2013

TÍTULOS UNIVERSITARIOS E PERMEX




Xa dixemos hai unhas semáns que ter unha carreira universitaria puntuaría a hora de obtar a conseguir un PERMEX. Pois ben hoxe confirmono a A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, respondeu unha pregunta relacionada co acceso ao permiso de explotación de marisqueo a pé. A directora xeral explicou que a experiencia no proceso de baremación fixo aconsellable mellorar o procedemento valorando as actividades formativas de xeito homoxéneo, incluíndo a titulación académica dos aspirantes, ademais das actividades formativas realizadas. É dicir, valórase a formación integral da persoa.
Informou de que este cambio está reflectido nunha Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e insistiu en que está consultado co sector e que antes de materializarse se remitiu ás Federacións provinciais e á galega de confrarías e a asociacións e cooperativas de mariscadoras.
Ademais Susana Rodríguez explicou que o baremo describe e define que elementos serán valorados e con que puntuación en base aos criterios definidos na Orde de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé. Aclarou ademais que o baremo non afecta ás condicións para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé, que están recollidas na Orde que o regula.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.