TELÉFONOS DE INTERESE
▼
19 de diciembre de 2013
NÚÑEZ FEIJÓO TEN QUE EXPLICAR A VENDA DE NGB
Sr. Núñez Feijóo explique por qué Banesco era a súa opción preferida para facerse con NGB nunha operación “escura e precipitada”. A venda segundo analistas económicos “ten demasiadas incógnitas” na que o Estado vai perder 8.000 dos 9.000 millóns de euros de diñeiro público inxectados polo FROB para reflotar a entidade, o que “case iguala o orzamento da Xunta para un ano”.
A operación constata que “logo de cinco anos de goberno, Feijóo conseguiu liquidar por completo o sistema financeiro galego e arrasar cunhas entidades con mais de un século de existencia”. Finalmente o presidente da Xunta acadou que Galicia “sexa mais feble que nunca na súa historia recente”.
Logo de coñecer, onte, que “o sistema financeiro galego desaparece completamente” para ser vendido por 1.000 millóns de euros a unha entidade con matriz venezolana. Os galegos esiximos “unha explicación plausible do que está a acontecer” e de por qué Banesco “parece ser a opción preferida do presidente da Xunta”.
O presidente da Xunta debe explicar aos galegos e galegas “qué vai ocorrer co negocio en Galicia, co 40 por cento do aforro dos galegos e galegas que figura nos dous millóns de contas de que dispón NGB”. Reclámaselle que a Xunta explique qué sucederá coa rede de sucursais da entidade, coa plantilla de traballadores ou coa fundación das antigas caixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.