TELÉFONOS DE INTERESE

9 de diciembre de 2013

LUIS ARAGUNDE: NIN UNHA MALA PALABRA NIN UNHA BOA ACCION







O alcalde, Luis Aragunde, acompañou ó delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José M. Cores Tourís, e ó xefe territorial de Patrimonio, José Manuel González, nunha visita ás ruinas de Santa Mariña Dozo para supervisar o estado actual no que se atopa este fermoso cemiterio declarado monumento nacional. Sobre o terreo puideron comprobar o incremento da vexetación arredor dos arcos e das paredes pétreas da antiga igrexa.

Herbas e plantas trepadoras acadan unha presenza notoria que cómpre recurtar. A xefatura de Patrimonio da delegación da Xunta xa estaba informada do asunto polo Concello e vai redactar un proxecto para proceder á limpeza desta vexetación que medra entre as armazóns núas do templo abandonado. O estado de conservación do monumento é axeitado, pero precísase evitar o deterioro que puideran causar as plantas sobre a pedra.

Algo que non farán nin Xunta nin Concello é facerse cargo da limpeza e mantemento do camposanto. A desculpa do Concello e moi simple: O cemiterio non é municipal. Entón, preguntámonos, porque os operarios municipais fan limpeza no interior do cemiterio nas datas próximas a Defuntos. Se non queren facerse cargo porque non é municipal enténdese pero entón que non o limpen nunca. Ou límpase para conquerir un puñado de votos e abrazos dos amigos. 
O alcalde propón que se inclúa este cemiterio na rede europea de cemiterios singulares (Association of Significant Cementeries in Europe (ASCE)) e non querer facerse cargo do seu coidado non é moi lóxico.
Sr Aragunde cos cartos dos cambadeses non faga campaña electoral, nin obras que non competen ao noso Concello. Si, por exemplo, alguén se queixa do estado dunha finca do casco urbano, chea de todo e todo malo, sr. alcalde non se apura tanto a ordear a limpeza. Pois o cemiterio xa o van limpar os veciños que teñen alí a seres queridos soterrados, non fai falla que o limpen os operarios municipais que están sobrecargados de traballo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.