Un varón duns 63 anos de idade, veciño da parroquia cambadesa de Castrelo faleceu na mañá deste xoves tras caer dunha árbore no Monte da Torre en Bordóns, no término municipal de Sanxenxo (Pontevedra). Ao parecer estaba a limpar as árbores de ramas secas.
Segundo os datos facilitados polo 112, os feitos sucederon sobre as 10.20 horas no Monte da Torre na parroquia de Bordóns, na localidade de Sanxenxo.
Foron mobilizados a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo de Urxencias de Sanxenxo, así como o helicóptero do 112 con base en Santiago.
Fontes sanitarias indicaron que tamén o 061 desprazou unha ambulancia e un médico, que confirmou o falecemento no lugar dun varón duns 63 anos de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.