TELÉFONOS DE INTERESE

19 de diciembre de 2013

COA NOVA SUBA DA LUZ MOITOS FOGARES VAN QUEDAR A ESCURAS




Decíamolo onte e hoxe confírmase. A luz subirá a partires do un de xaneiro un mínimo do 11 por cento aínda que expertos na materia situarían a subida en case o 13%.

O recibo da luz subirá, a partir do 1 de xaneiro, máis dun once por cento. Suporá que cada fogar pagará, como media, seis euros máis cada mes.
É o resultado das poxas da electricidade das compañías, que acaban de pecharse, e do encarecemento que aplicará o Goberno. Poxas que serán investigadas segundo un portavoz do PP, por atopar indicios de "cousas raras".


O prezo que pagan os consumidores pola luz fíxase en dúas metades: unha fíxana as eléctricas e outra, o Goberno
As compañías acordaron aumentar a súa parte un 26,5 por cento.
O Goberno, que prometera conxelar a súa parte a cambio de darlles máis de tres mil millóns de euros ás eléctricas, finalmente volveuse atrás e non lles dará esas subvencións, senón que serán os consumidores os que paguen nos recibos. Por iso, calcúlase que o Goberno subirá a súa parte da factura un 2 por cento.


Ponderando as dúas metades, a factura dos fogares aumentará, a partir do 1 de xaneiro, un 11,6 por cento. Esas tarifas estarán en vigor tres meses, ata a próxima poxa.



Artigos relacionados MARIANO RAJOY VAINOS DEIXAR A DUAS VELAS  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.