TELÉFONOS DE INTERESE

16 de diciembre de 2013

AS VIEIRAS CHEGARÁN ESTA SEMÁN AO MERCADO




A vieira fresca galega volverá esta semana ós mercados.

Hoxe comezou a campaña de extracción en Cambados, nunha xornada en que os mariñeiros atoparon menos vieira da que agardaban, pero de bo tamaño.
30 barcos, a maioría da zona, participaron na primeira xornada da campaña de extracción de vieira na zona 4 de Cambados. 


Dende as nove da mañá traballaban cas redes para obte-lo mellor produto.
En pouco máis de dúas horas xa chegaba o primeiro barco prá descarga e ca cota de 30 quilos por tripulante e máximo de 90 por barco excedido. Uns 3 mil quilos diarios, que serán destinados á venda de vieira fresca nesta campaña de Nadal pero tamén pra conxelados.



A vieira pasará agora polo proceso de evisceración e agárdase que o mércores xa estea nos mercados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.