Dende ANOVA sospeitase que o
Concello novamente voltaría a actuar irregularmente, xa que que as obras non
cumpren coa normativa e carecerían de todos os permisos correspondentes para a
zona na que se están a realizar.
Dende a Agrupación Local de Anova Irmandade Nacionalista en Cambados
queremos advertir sobre unhas obras que se están levando a cabo no Lugar de
Quintáns, na parroquia de Castrelo, nas que se está a ampliar un camiño
forestal en plena zona de protección especial medioambiental.
Ademais temos que falar
novamente de complicidade do Goberno local de Cambados e do Partido Popular,
feito que se comproba no cartel que se pode ver na foto que se achega no que se
lles di aos propietarios dos térreos que queiran obter información se dirixan
ao Concello, pero en troques
non existe ningunha información da licitación da mesma, nin cartel anunciador
como seria preceptivo, nin do promotor,
nin atopamos nos distintos diarios oficiais ningún expediente de licitación ou de expropiación aos
propietarios. Este escurantismo na forma de actuar e o que nos leva a pensar que estaría
motivado porque son coñecedores de que as obras non contan cos permisos
oportunos.
Dende Anova Cambados vamos presentar un escrito no Concello de Cambados
así como na Consellería de Medio Ambiente, informando oficialmente das obras e
solicitando, no caso do Concello, que informen
sobre quen e promotor das obras, se conta con todos os permisos precisos ou
non, e no caso de ser o propio Concello o que realiza a obra, cando, a quen e
como se adxudicou a mesma. Ademais
solicitaremos que se proceda a súa
paralización mentres non se aclaren todas estás cuestións e evitar que continúe
o dano medioambiental que se está facendo nesa zona protexida, que xa é
irreparábel.
Está claro que, esta forma de
actuar non seria nova para o Concello de Cambados, xa que hai apenas unhas
semanas, puidemos comprobar como facía
caso omiso a lexislación vixente nesta materia para realizar unha obra na mesma
Zona protexida, e sen contar co permiso previo da Consellería de Medio
Ambiente.
Dende ANOVA Cambados gustaríanos que o alcalde respostase sobre cal e o obxectivo final desta obra, dubidamos, si esta
infraestrutura busca o beneficio común, ou se fai só para beneficiar unicamente
o acceso da fundación – vivenda que un famoso escultor cambadés ten na zona, xa
que estas obras rematan xusto na súa propiedade.
Dende Anova entendemos que é
preciso prestar apoio aos artistas e as iniciativas culturais en Cambados,
pero, iso sí, CUMPRINDO A LEI. Non
debemos esquecer que o noso legado medioambiental, é moito mais importante, e
tamén forma parte da nosa cultura, polo que consideramos, que, non se debe
beneficiar os intereses dun veciño, a conta de destruír un paraxe
medioambiental que conta cunha especial protección debido a súa importancia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.