TELÉFONOS DE INTERESE
▼
18 de diciembre de 2013
ALERTAS POR TEMPORAL EN GALICIA
A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa no mar que afectará ó litoral galego e cantábrico a partir deste mediodía.
A partir desa hora notarase no noroeste e no oeste do litoral da Coruña e en toda a costa de Lugo, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Nesa zona o vento poderá acadar unha intensidade de forza 8 e as ondas serán de entre 5 e 6 metros de altura. A partir das tres da tarde o temporal estenderase ó suroeste da provincia da Coruña e ó litoral de Pontevedra.
A Dirección Xeral de Emerxencias lembra á poboación que evite aproximarse a cantís ou rompentes e que vixíe posibles caídas de obxectos de balcóns ou fiestras.
Unha profunda borrasca deixará chuvias intensas e cuantiosas no oeste da comunidade pola tarde.
Na costa hai alerta amarela, agás nunha parte da de Pontevedra, por vento, chuvia e ondas de máis de 4 metros de altura, que no litoral coruñés poden acada-los 7 metros. Hai alerta tamén amarela no interior da provincia de Pontevedra.
As temperaturas máximas subirán. Nas grandes cidades oscilarán entre os 15 e os 17 graos.
Mañá van continuar as chuvias e a alerta na costa será laranxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.