TELÉFONOS DE INTERESE

11 de diciembre de 2013

A XUNTA SO CONVOCARÁ O 10 POR CENTO DO PROFESORADO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA







Así non se mellora o sistema educativo galego


A Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria prevé convocar en 2014 oposicións para profesorado de Secundaria cunha oferta de aproximadamente 100 prazas. Unha proposta axustada á normativa estatal vigente dun 10 por cento máximo de reposición e que este departamento trasladará "en breves días" á Mesa Sectorial de Educación.

Así o manifestou o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, en declaracións aos medios durante a súa visita ao CIFP Someso, onde anunciou a convocatoria de oposicións en Galicia para profesorado de Secundaria a través dunha oferta de emprego publico axustada á normativa estatal vigente dun 10 por cento máximo de reposición de efectivos en vacantes.

O titular de Educación manifestou que "en breves días" trasladarán a proposta á Mesa Sectorial de Educación. "Temos previsto sacar para o ano 2014 unha convocatoria de aproximadamente 100 prazas dedicada a profesorado de Secundaria", destacou.

AXUSTADO Á NORMATIVA

"Gustaríanos dispoñer dun maior número de prazas, creo que sería factible, pero a lei estatal impídenos ir mais alá do 10 por cento da taxa de reposición", sinalou Vázquez, en referencia á normativa vigente.

En calquera caso, insistiu en que "haberá convocatoria para secundaria", aínda que preferiu esperar a dar a coñecer a proposta á Mesa Sectorial para concretar que especialidades entrarán na convocatoria para 2014.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.