TELÉFONOS DE INTERESE

20 de noviembre de 2013

SEGUNDO DIA DO XUIZO POLA MORTE DE JORGE FERNÁNDEZ SILVOSO





Durante a sesión deste mércores os forenses advertiron de que"se pueden volver a repetir" estes feitos agresivos e violentos xa que o acusado padece "una lesión de carácter permanente" como consecuencia dun accidente de moto que lle provocou "daños cerebrales irreversibles". "Conoce lo que es el bien y el mal", pero "no tiene frenos sociales", ou como dixo un dos forenses "recibe unos impulsos que es incapaz de controlar".
Ao elevar a definitivas as súas conclusións o fiscal imputoulle un delito de asasinato ao igual que fai a acusación particular.

O Ministerio Público solicitou unha pena de internamento nun centro psiquiátrico por un período non superior aos 16 anos, que o avogado da familia da vítima eleva ata os vinte anos.
A fiscalía solicita unha indemnización de cen mil euros, que a acusación particular sitúa en 120.000. Ademais ambos os dous coinciden en que se lle prohiba achegarse á familia da vítima polo tempo máximo que sexa posible.
Pola súa banda a defensa do acusado rebaixou o internamento nun centro psiquiátrico en réxime pechado durante "no más de siete años" e fixa a responsabilidade civil en 9.070,93 euros para cada un dos tres fillos. O avogado explicou que o seu cliente cobra 640 euros ao mes como pensionista polo que significou o "especial esfuerzo que supone para él hacer frente a esta responsabilidad civil".
O xurado reunirase este xoves para deliberar se Francisco A.M. matou con aleivosía o noivo da súa nai propinándolle por sorpresa dúas coiteladas.




Fonte: Pontevedra Viva

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.