TELÉFONOS DE INTERESE

25 de noviembre de 2013

O CACHALOTE DE SANXENXO






Non estamos a referirnos ao tema desates dias.

A mostra ‘O cachalote de Sanxenxo, historia dun varamento’ recibiu preto 2.500 visitas no primeiro fin de semana trala súa apertura segundo datos da dirección do Museo do Mar de Galicia onde está exposto o cetáceo. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou tres xornadas de portas abertas que tiveron moi boa acollida por parte do público, que tamén aproveitou para visitar o acuario e as instalacións do centro museístico.

Durante esta fin de semana tivo lugar igualmente unha xornada técnica, a cargo de técnicos da Coordinadora para os Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), na que a través de dúas charlas informouse sobre as características destes cetáceos e da historia deste cachalote, contando como foi a súa aparición nas costas de Sanxenxo. Dende a dirección do Museo do Mar estase estudando a posibilidade de realizar de forma habitual visitas guiadas a esta mostra para poder coñecer en profundidade da natureza biolóxica e anatómica destes animais.

Historia dun varamento 
A través desta mostra, a Consellería achega a todo o público o esqueleto deste animal que apareceu en marzo de 2003 na praia de Montalvo, en Sanxenxo. No momento do seu achado na costas pontevedresas, o cetáceo medía dez metros de largo e pesaba 20 toneladas. Os restos do animal, unha femia (Physter macrophalus), quedaron baixo a custodia da CEMMA.
Cómpre recordar que foi o CEMMA quen realizou o separado do esqueleto e posteriormente o proceso de enterramento nun sarcófago con area no que permaneceu durante 33 meses. A continuación, levaron a cabo a limpeza, desengraxado, consolidación, restauración e montaxe a través cun complexo sistema de soldadura e ensamblado. Este último realizouse xa no Centro de Interpretación das Telleiras, en Sanxenxo, onde o esqueleto permaneceu exposto ata o seu traslado ao Museo do Mar de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.