TELÉFONOS DE INTERESE

13 de noviembre de 2013

LOUZÁN DA A RAZÓN A CORES DE CAMBADOS



Fai unhas dias publicábamos un artigo  Louzán o despilfarrador II no que explicábamos os pormenores da construcción dun novo campo de herba sintética en Marín. Pois hoxe o sr. Louzán ven a corroborar punto por punto o publicado.


Os clubs de Marín disporán dun novo campo de herba sintética, despois do convenio asinado esta mañá entre o presidente da Deputación, Rafael Louzán; a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os presidentes da Comunidade de Montes de San Tomé e da Agrupación Deportiva San Tomé,
Daniel Rosales e José Cidrás, respectivamente. 
Campo de san Xulián (Marín)
Louzán dixo que unha vez renovado o campo, "vai dar cobertura e cabida a moitos clubs que agora non teñen onde adestrar", non só porque "agora ninguén quere adestrar en campos de terra" senón porque "ademais, en Marín tampouco hai campos de terra". Cousa que non é certa a tenos das fotos que podemos ver neste artigo. Ben e certo que non son as mellores instalacións pero existen. Ata o de agora o único campo de céspede artificial que posúe o concello de Marín é o de San Pedro, que, a xuízo de Louzán, "ten unhas condicións mellorables".
Chan de Piñeiro (Marín)
Ó abeiro deste acordo a Deputación dotará de herba artificial o campo de San Tomé de Piñeiro, cun investimento de 675.992 €, dos cales a Deputación de Pontevedra achegará o 75% (506.994 €) e o Concello de Marín o 25% restante (168.998 €).

No acto de sinatura do acordo tanto Rafael Louzán coma María Ramallo agradeceron a colaboración da Comunidade de Montes, que lle proporcionará á Deputación os terreos necesarios para a obra.
Os traballos incluirán a dotación de céspede artificial pero tamén a colocación da iluminación, a construción de bancadas e novos vestiarios, así como outro material necesario para a dotación completa do campo (marcadores electrónicos, xogos de porterías…).
O presidente da Deputación anunciou que, se todo vai segundo o previsto, os traballos estarán rematados para o inicio da vindeira tempada futbolística de 2014-2015.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.