Onte publicamos a nova que aparece máis abaixo, pero minutos despois retirámola porque fontes do ministerio que dirixe o sr. Soria "rectificou" as palabras que dixera horas antes e que nos levara a sacar a nova. Aínda así preguntámonos que hai de certo en todo isto?. Cando se trata de grandes cantidades un arriba ou abaixo non é nada pero si falamos de dous floteles son dous e non un.
Entón, o sr. Soria está a durmir?.
Non sabe nada ou pouco dos floteles?
Si onte pedíamos a demisión de Feijóo por mentir, hoxe pedimos a de J.M. Soria por ignorante.
ARTIGO DE ONTE
FEIJÓO LEVA ENGANANDO AO NAVAL UN ANO COS FLOTELES DE PEMEX
O sr. Feijóo leva máis dun ano enganando a os traballadores do naval en particular e aos galegos en xeral. Prometeu dous floteles e agora o ministro Soria ven de confirmar que será un so. Algo nada raro cando hoxe sabemos que Repsol vai construir catro barcos en Asia.
Demisión xa!!!
O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, puntualizou este mércores que o acordo asinado por Pemex Internacional coa Xunta para que os astilleros de Navantia e Barreiras participen dun proxecto da compañía mexicana se circunscribirá únicamente á construción dun dos dous floteles, aínda que subliñou que o acordo cumprirase.
De feito, este martes a petrolera mexicana anunciou que o fallo sobre a adjudicación da construción notificarase o próximo 30 de decembro, segundo o novo calendario, que fixa a presentación e a apertura das propostas para o día 6 dese mes e que entre o 11 e o 17 aclárense ou emenden as ofertas e dúbidas.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.