54 dos 62 concellos da provincia teñen na actualidade unha ou varias caldeiras de gasóleo para dotar de calefacción e auga quente sanitaria as súas instalacións municipais, cun gasto anual medio de entre 12.000 e 34.000 eur
Reducir esta factura enerxética e rebaixar as emisións de CO2 á atmosfera son obxectivos que persegue a Deputación de Pontevedra co proxecto de eficiencia enerxética que ten en marcha e que pretende levar a cabo da man dos concellos da provincia.
Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que subliñou que o vindeiro 28 de novembro manterá un encontro cos alcaldes para presentarlles un estudo, realizado pola Administración provincial, que reflicte que a substitución das actuais caldeiras de gasóleo por outras de biomasa (pélet, estela ou similares) representaría un aforro duns 500.000 euros ó ano.
Segundo os datos manexados pola Deputación o aforro medio anual dunha caldeira de biomasa con respecto a unha de gasóleo é de 9.000 euros por caldeira, co cal nuns tres anos estaría amortizado o investimento inicial.
Rafael Louzán incidiu en que se pode acadar un aforro económico e ambiental notable, polo que xa hai concellos que amosaron o seu interese en sumarse a esta iniciativa para substituír as caldeiras nos seus municipios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.