TELÉFONOS DE INTERESE

22 de noviembre de 2013

DECLARADO CULPABLE O ASESINO DE JORGE FRENÁNDEZ SILVOSO








Despois de todo un día de deliberacións o xurado do crime de Cangas emitiu un fallo condenatorio que deixa abertas todas as posibilidades para que a maxistrada da Sección segunda dite sentenza.

Os membros do xurado consideran probado por unanimidade que Francisco matou con aleivosía ao noivo da súa nai "atendendo ás probas achegadas " durante a vista sobre a base das "declaracións das testemuñas", xustificou o voceiro.
Consideran feitos probados que o 8 de xaneiro de 2011, cando se encontraba na cociña do domicilio da súa nai, en torno ás 16.15 horas, sen formulación previa debido ao seu estado mental e sen que mediase discusión previa, de forma súbita lle cravou un coitelo no colo en dúas ocasións ao noivo da súa nai. O agredido, Jorge Fernández Silvoso, faleceu como consecuencia de shock hemorráxico por sección da arteria carótida, producíndose a morte entre 2 e 10 minutos tras a agresión.

Non obstante tamén consideran "por unanimidade" que "non houbo intención por parte do acusado de deixar sen defensa á vítima" e engaden na acta de votación que "non procurou para si un lugar seguro e sen risco", cando asestou dúas coiteladas ao ex garda civil no estreito escenario da cociña do piso da súa nai.
Ademais o xurado, unanimemente afirma que Francisco non ten capacidade para idear un plan polo que descartan a existencia de premeditación no crime.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.