TELÉFONOS DE INTERESE

6 de noviembre de 2013

COMA SEMPRE SEN CONSULTAR A NINGUEN A XUNTA E O PP TIRAN PARA ADIANTE



Que o PP fai coas suas maioría so que lle peta demóstrano dia a dia. Wert coas becas Erasmus aínda que despois recuou e agora Vázquez Abad cos deberes dos alumnos de primaria. 

Consellería de Educación actualizará a orde que prohibe os 'deberes' aos nenos de Primaria e dará autonomía aos centros educativos para establecer tarefas fóra do horario escolar, seguindo a proposición non de lei que impulsaron os populares e na que piden que leven a cabo as modificacións normativas "necesarias" para mellorar a regulación das actividades e tarefas que poden propoñer os centros educativos aos alumnos fóra do horario escolar, é dicir, os 'deberes'.


   Fontes do departamento que dirixe Jesús Vázquez confirmaron que, unha vez que a iniciativa se aprobe no Parlamento autonómico, no pleno da próxima semana, a Xunta "escoitará" o acordo que se alcance e "seguirá os pasos" para adaptar a normativa.

   Estas mesmas fontes explicaron que haberá que esperar ao pleno da próxima semana para coñecer os detalles de como se realizará a modificación, posto que está a expensas do acordo que se alcance, toda vez que os grupos da oposición poden presentar emendas á iniciativa do PPdeG.
   En todo caso, aseguraron que a Xunta seguirá as directrices que marque a Cámara galega á hora de modificar a normativa, que polo momento prohibe s antes dos sete anos e ata os 12 anos poden ser ocasionais.
   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa manifestara o pasado mes de maio a posibilidade de modificar as prohibicións das tarefas fóra de clase no desenvolvemento autonómico no desenvolvemento da futura lei educativa, a raíz da polémica aberta despois de que nun colexio de Oleiros (A Coruña) un pai conseguise que se aplicase a normativa que prohibe as tarefas fora do horario lectivo.

AUTONOMÍA ESCOLAR

   Na iniciativa rexistrada, o PPdeG propón que os colexios poidan poñer deberes no marco da súa "autonomía" e con "encaixe" ás medidas e programas que se desenvolven nos centros, pero combinando unha serie de circunstancias.
   Así, os populares consideran que se debe ter en conta que as tarefas "deben contribuír ao axeitado desenvolvemento das competencias básicas de acordo cos distintos procesos e ritmos de aprendizaxe"; que "fomenten a súa responsabilidade" na formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e do traballo"; pero que permitan "a axeitada conciliación da vida persoal e familiar, con respecto aos tempos de ocio do alumnado".
   Esta iniciativa será debatida no próximo pleno do Parlamento por proposta do grupo maioritario, de maneira que sairá adiante esta petición á Xunta para que poña fin á prohibición dos deberes, que se remonta a unha orde de 1997.

É HORA DE "ACTUALIZAR"

   Na exposición de motivos, os populares sinalan que a promoción da autonomía organizativa dos centros de ensino é unha das variables que "favorece a mellora da calidade educativa", segundo se recolle en diversos informes e análise de expertos en didáctica.
   Iso, explica o PPdeG, fundaméntase en que cada comunidade educativa "coñece as particularidades do seu propio ámbito socioeducativo e os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado", polo que está "máis capacitado para establecer medidas orientadas a favorecer a mellora da aprendizaxe e a calidade formativa".
   "Tras unha práctica de poñer deberes que era moi intensa, procedeuse a unha regulación, a través dunha orde en 1997, que parece oportuno actualizar para axudar ao proceso educativo e formativo dos alumnos", consideran os populares.
   O PPdeG argumenta que "os cambios sociais dos últimos anos aconsellan unha nova regulación que actualice o interese de aquelas familias por que os seus fillos poidan, en determinados momentos e de forma flexible, complementar a súa formación con tarefas fora do horario lectivo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.