TELÉFONOS DE INTERESE

5 de noviembre de 2013

AS POLÍTICAS POPULARES DE EMPREGO NON CREAN POSTOS DE TRABALLO






O remate da tempada estival segue a deixarse notar na zona e de novo o sector servizos é o gran responsable de que o desemprego aumentara na Arousa en outubro. Un mal dato que segue na senda do autonómico, no que tamén sobe o paro con respecto a setembro, e que contrasta co comportamento a nivel nacional.

 I é que no caso de España, este mes de outubro foi no que menos medrou a cifra de parados dos últimos seis anos.
O sector servizos que tantas alegrías dá no verán ós arousáns deixa agora na entrada do inverno unha ringleira de nomes nas listas do paro. En concreto  unhas 700 persoas no Salnés . Se reparamos nos datos totais, outubro pechou en Arousa con 1.027 na comarca do Salnés  Pero se o sector servizos contribue a inflar as ringleiras de anotados nos servizos de emprego público, a mesma liña seguiron a industria, agricultura e pesca. Todos, na comarca presentan datos en negativo. Por concellos, no Salnés lideran o aumento de parados o Grove, no que fin da festa do marisco tivo moita incidencia, seguido de Sanxenxo, e Meaño, todos eles con subas superiores á media comarcal, situada an casa o 9%.  A suba do paro no Salnés segue a mesma tendencia que a nivel galego, onde a cifra de parados se sitúa en 268.225. Outubro engadiu 7.492, un 2,87% con respecto ó pasado setembro. Desde a Xunta poñen de novo a vista nos valores interanuais, salientando que é a menor subida do desemprego nun mes de outubro nos últimos seis anos. 


En Cambados o paro subeu un 1.3% e situa o número de parados en 1583 e grazas a os 20 traballadores do Obradoiro máis persoal docente. E Aragunde tan pancho coas suas subas de taxas e impostos.

Parello a este aumento do paro queda o dato das familias galegas nas que xa non entra ningún ingreso por ter a tódolos seus membros sen ocupación. Son xa 31.400 fogares.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.