TELÉFONOS DE INTERESE

20 de noviembre de 2013

A PRENSA ANDALUZA NON DI O MESMO QUE ARAGUNDE



Lendo a prensa andaluza non sei que pensar.
 Segundo o noso alcalde foi a alcaldesa de Jerez a que plantexou a idea de colaboración entre as duas candidatas a Cidade Europea do Viño, pero en Andalucía din que foi algo mutuo. Supoñemos que nunha conversa entre os dous políticos acordaron colaborar para promocionarse mutuamente.


Así se desprende da información recollida no andaluciainformacion.es/jerez

Cambados, a aliada nas Rutas do Viño de España polo enoturismo Xunto á candidatura de Jerez, por parte de España concorría ao concurso de Recevin a localidade galega de Cambados, cuxo alcalde, Luís Aragunde, tamén desprazado a Marsala este fin de semana, realizou unha magnífica defensa das potencialidades do municipio, cuxa segunda actividade económica é o viñedo, por detrás da pesca. Mentres que uns 1.200 pescadores e mariscadoras traballan no mar, a actividade vitivinícola proporciona emprego a unhas 5.000 familias desta localidade, de pouco máis de 30.000(sic) habitantes.O alcalde de Cambados tendeu a man á alcaldesa de Jerez, María José García - Pelayo para traballar da man. 

Ambos responsables municipais xa iniciaron conversacións para levar a cabo acciones conxuntas de promoción dos seus viños que reviertan na proxección da marca España, como destino preferente do enoturista. Unha das propostas que se barallan é a realización de encontros gastronómicos nas cidades das Rutas do Viño nos que maridar os viños cos produtos estrela de cada cidade -Cambados é a única localidade onde se extrae a vieira e ás súas festas do Albariño, en agosto, acoden 250.000 persoas-.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.