EDICTO DO CONCELLO DE CAMBADOS NO BOLETÍN PROVINCIAL
Este edicto publicouse hoxe 28 de outubro. Tendo sido aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, do ilustrísimo Concello de Cambados, con data oito de outubro de 2013, o padrón de auga, canon da auga e coeficiente de vertedura, correspondente ao terceiro trimestre de 2013; queda este exposto ao público nas oficinas de Aquagest, Rúa Ourense nº8, baixo, polo prazo dun mes, a contar desde a publicación deste edicto no "Boletín Oficial" da Provincia, en cuxo período poderá formularse ante o mesmo órgano que o dictou, recurso de reposición previo ao Contencioso Administrativo. Así mesmo, faise saber que sen prexuízo das reclamaciones que poidan presentarse contra o citado padrón, o prazo de ingreso en período voluntario para o pago das cotas contidas no mesmo serán de 60 días contados a partir da publicación deste edicto no BOP. Durante devandito período voluntario poderá efectuarse o pago nas entidades colaboradoras así como a través de domiciliación bancaria. O que se fai público para xeral coñecemento. Cambados, a 17 de outubro de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.