TELÉFONOS DE INTERESE

23 de octubre de 2013

CORES TOURÍS VISITA A EDAR PERO NON DA DATAS PARA A SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS QUE PRESENTA







O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a nova EDAR do Umia acompañado polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña para comprobar a posta a punto da instalación que se atopa en fase de probas.
Nesta visita, o responsable territorial tamén estivo acompañado do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, o director da obra, Jean Pierre Blanco, e os representantes da empresa adxudicataria e Fenosa.
Segundo  José Manuel Cores Tourís, o proceso de instalación de luz eléctrica na depuradora, único trámite que queda para a súa posta en marcha definitiva, “poderá ser unha realidade en poucas semanas, xa que agora a promotora da EDAR, é dicir, a Mancomunidade do Salnés, solicitará licenza para a instalación desta acometida e, paralelamente se levará a cabo a negociación coa comercializadora”.
Deste xeito, “no prazo de menos dun mes estará todo resolto para que esta acometida sexa unha realidade e que se poida así eliminar o actual xenerador de gasoil co que está a funcionar en probas esta EDAR”.
En relación á presenza de olores procedentes desta depuradora, o delegado territorial, apoiado polo director da obra, explicou que “ao ser unha planta biolóxica ao 100% sempre se da o prazo de a lo menos tres meses para que desapareza este tipo de impactos. Sen embargo, neste caso, hoxe puidemos comprobar que non hai practicamente resto de olores. Neste senso, cabe destacar que os prazos recortáronse e o olor desapareceu antes dos tres meses previstos”. 
O problema é que nin cheiros nin ruídos desaparecerán, como moito serán menores a os actuais e cada certo tempo virán reforma tras reforma para solventalos. Si non son capaces de eliminar os cheiros nas ruas de Cambados menos farán con estos. O tempo dictará sentenza. 
Aínda así, o delegado territorial quixo agradecer aos veciños a súa colaboración. “Sabemos que sempre é difícil acostumarse a unha nova instalación destas características, pero tamén somos conscientes dos beneficios que aportará a comunidade. Por eso queremos agradecerlles a súa colaboración e a súa paciencia”, engadiu.
Pola súa banda, os alcaldes de Cambados e Ribadumia quixeron agradecer a colaboración da Xunta de Galicia na mellora dos saneamentos desta comarca, recordando a importancia da posta en marcha dos traballos do Saco de Fefiñáns e tamén da execución de novos saneamentos en varias parroquias de Ribadumia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.