A ÚLTIMA DE ROSA QUINTANA PARA TER MENOS UNIVERSITARIOS NO PARO
A partires de agora os titulados universitarios terán ventaxes a hora de entrar nos procesos de selección das confrarías como mariscadores a pe grazas a que o departamento que dirixe a iluminada Rosa Quintana otorgará 3 puntos por carreira universitaria. Esto non sería malo si pensamos que poden ter unha oportunidade máis para conseguir un traballo, pero o malo é a comparativa que se fai con outros aspirantes. Imaxinade un universitario con duas carreiras, 6 puntos polo menos e outro aspirante sen carreira pero con cursos específicos sobre o traballo a desempeñar podería ter menos puntos. Non é que nos opoñamos a que poidan entrar universitarios, aínda que pensemos que non é o mellor para eles senón que criticamos os baremos que se piden para conseguir unha praza de mariscador/a. A medida está a crear un rexeitamento xeneralizado polo que agárdase que no se leve a cabo.
xa era o q me faltaba levo anos intentando entrar con tres fillos e divorciada, e si ahora os das carreiras consigen tantos puntos eu non entrarei hasta q teña oitenta anos
1 comentario:
xa era o q me faltaba levo anos intentando entrar con tres fillos e divorciada, e si ahora os das carreiras consigen tantos puntos eu non entrarei hasta q teña oitenta anos
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.