O 2013, precisamente o ano do 25 aniversario deste Consello Regulador, estase convertendo nun ano de recoñecemento ao traballo realizado polo sector de Rías Baixas. Unha marca de Rías Baixas recibía, por segundo ano consecutivo, un International Trophy ao mellor viño monovarietal por encima de 15 libras nos Decanter World Wine Awards, entregados o pasado 4 de setembro durante unha cea de gala celebrada no Royal Opera House.
Un éxito para esta variedade autóctona de Rías Baixas, pero precisamente na décima edición dos Decanter World Wine Awards as variedades de uvas autóctonas tiveron un éxito destacado, do mesmo xeito que os viños españois que recibiron catro trofeos, un deles veu para esta denominación.
Ademais, a D.O. Rías Baixas acaba de coñecer que foi nomeada aos premios Wine Star, organizados pola revista norteamericarna Wine Enthusias, dentro da categoría a ?Rexión Vinícola do Ano?. Tamén unha enóloga da D.O. Rías Baixas foi nomeada por estes premios dentro do apartado do "Enólogo do Ano", o que supón todo un recoñecemento a un sector vitivinícola que celebra as súas vodas de prata. |
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.