Trala suspensión do evento, polo accidente de tren de Santiago de Compostela, o equipo de Proxecto C3: camiña, cimenta, crea dedicado a enxalzar a figura de tres mulleres excepcionais como A Bella Otero, Maruja Mallo e Maria Casares, presenta o seu primeiro monográfico: Camiña. A bela Otero, no Pazo do Faramello o venres 6 de setembro do 2013 ás 19,00h.
Rógase asistir con vestido longo as señoras e os homes de traxe, pois o evento está ambientado na Belle Epoque.
Debido á orixinal forma de traballo, comunitario e por departamentos, e á presentación da videocreación e a fotobiografía como un acto mais en si, con teatro de varietés, conferencias, videocreación e fotografía, todo iso amenizado ao final con boa música e regado de viño acompañado dun ágape ao que todo o equipo obsequiamos aos asistentes.Para máis información pronto colgarán o programa completo no seu facebook.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.