| O adestrador segue sendo Yago Casal |
| Emilio e Patiño na Praza de Fefiñáns |
As presentacións fixéronse de dous en dous agás Diop
![]() |
| Orellano e Vaquero no Arco do Palacio de Fefiñáns |
Os primeiros en renovar e presentar foron Norman Rey e Alberto Rodríguez. Os seguintes foron Juan Mato e Taylor García.
Máis tarde Lucas Vaquero e Juanchi Orellano, foron os que se fixeron a foto de rigor noutro dos emblemáticos lugares de Cambados.
A renovación do fillo pródigo, Emilio Oubiña, e de Javi Patiño foron as seguintes aínda que Patiño será como xogador vinculado, seguirá no Xuven pero xogará noutro equipo como cedido.
| Merino o derradeiro en renovar |
O seguinte foi Diatta Diop que foi fichado polo Obradoiro pero que intentará progresar xogando no Xuven Conservas de Cambados. Os dous últimos a espera da confirmación da renovación de Merino foron Ander García e Rafael Wildner. Os únicos compoñentes do plantel do ano pasado e que non foron renovados son Guido Villamil a o que o clube busca acomodo e Daniel Oubiña do que polo de agora non sabemos nada. Pero se Merino fose o último en renovar quedaría unha ficha libre, que ven podería ser para o cambadés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.