TELÉFONOS DE INTERESE

4 de septiembre de 2013

O B.N.G. PRESENTA AS PROBAS DE QUE ARAGUNDE MINTE




No pasado pleno o alcalde negou que foran certas as queixas dos hostaleiros da Avenida de Galiza  sobre o cobro, por parte do concello, dunha segunda taxa (xa aboan a cota anual por este concepto) por instalar terrazas durante a Festa do Albariño. Esta resposta do alcalde, á pregunta feita polo grupo socialista, ven recollida en diferentes medios de comunicación e semella que non convenceu aos afectados; razón pola cal  unha das hostaleiras obrigada a pagar a citada taxa, facilitoulle ao BNG un  recibo (fotocopia) de ter abonado a denunciada segunda taxa polo mesmo concepto, o que pon en dúbida que o señor alcalde diga a verdade neste tema.


O B.N.G. pide que a Alcaldía dea unha explicación sobre a veracidade da súa resposta sobre o cobro dunha segunda taxa por instalar terrazas durante a Festa do Albariño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.