TELÉFONOS DE INTERESE

10 de septiembre de 2013

ANOVA TEN IDEAS PARA EVITAR OS LUMES EN GALICIA







Coa baixada da febre dos pirómanos na zona de Pontevedra, especialmente grave a segunda quincena de agosto e primeira semana de setembro, Anova e o grupo de colectivos que representa, saíu á palestra para denunciar que todos estes lumes, son provocados por 12 pirómanos, que actúan por simpatía, e a connivencia e complicidade dos seus propios veciños.

Claudio Quintillán, é un dos profesionais que mellor coñecen os montes da nosa contorna

Os portavoces destes colectivos reclaman duras condenas para estas persoas, e esixen á Xunta de Galicia, que cambie por completo a política que está dedicando aos montes e á loita contra os incendios forestales.

Anova suscita que, por exemplo, que os 300.000 euros que custou apagar o incendio de Ponte Caldelas, destínense a medidas que protexan o medio ambiente.

Proponse un paquete de medidas, que esixen un liberar aos núcleos de vegetación, nun radio de 50 metros.

Deseñar un mapa que acabe con tanto minifundio, que rompa a masa forestal con devasas ou outros sistemas, que inclúa o destino dos montes, e que, sobre todo, obrigue aos seus propietarios, particulares e comunidades de montes, a que limpen os seus parcelas, e caso contrario, que estes montes pasen a ser propiedade da Xunta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.