A festa da Virxe da Pastora vaise celebrar este fin de semana.
Los Cacikes en concerto
O sábado a noite a partir das 22 horas VII Queimada gratis no Monte da Pastora, Todos os asistentes están convidados , coa actuación en directo dos grupos M80 e “LOS CACIKES” un grupo que versionan a grupos da talla de Deep Purple e Leed Zeppelin, Bon Jovi, Whitesnake, Ozzy Ousborne, Queen ou Guns and Roses. No que respecta a o domingo o día comenzará o día coa alborada a cargo de Os Carballeiras e a Agrupación “Con de Xido” acompañados pola Banda de música Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia. As 12.30 h. misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados.Xa pola tarde as 19hrs, misa e a continuación procesión polos lugares de costume acompañada polo grupo de Baile de Con de Xido. Pola noite Gran Verbena amenizada por Satélites da Coruña e Dúo Músical Colores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.