TELÉFONOS DE INTERESE

2 de agosto de 2013

OS DATOS DO PARO DE XULLO SON BEN COMPLEXOS






Baixa o paro en Galicia pero temos máis parados que fai un ano.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia descendeu en 12.332 persoas en xullo, o que representa unha caída do 4,51% respecto de xuño. No que respecta á contratación, o sétimo mes do ano asináronse 84.295 novos contratos na Comunidade galega, o 94% deles de carácter temporal.

Desta forma, segundo os datos que fixo públicos este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o paro alcanza a un total de 261.102 persoas en Galicia, 904 máis que en xullo de 2012 ( 0,35%).
Por provincias, en xullo, A Coruña e Pontevedra anotáronse descensos similares no número de desempleados, con 4.713 e 4.691 parados menos, respectivamente. Lugo e Ourense, pola súa banda, baixaron a cifra en 1.693 e 1.235 persoas.

En función do sexo, as estatísticas mostran que o paro afecta en maior medida en Galicia a mulleres (133.626) que a homes (127.476), mentres que os menores de 25 anos que non atopan un posto de traballo sitúanse en 17.164.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.