O datos serán bos durante uns dias para despois volver a triste realidade.
As grandes adegas preparan xa as contratacións de temporais para a campaña da vendima 2013.
A crise incrementou as inscricións multiplicando o número de demandantes e
cambiando o tradicional perfil dos inscritos, antes dirixido a mulleres
e estudantes, e agora copado por desempregados de todos os sectores
profesionais, maioritariamente da construción.
No Salnés, boa parte das adegas da subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, non asumen a selección de persoal, deixando esa labor as ETT`s.
A oferta é para vendimadores con ou sen experiencia, aínda que debido a grande cantidade de candidatos os que conten con experiencia teñen algo de ventaxa.
Ademais o temporeiro deberá ter dispoñibilidade horaria de mañá e tarde
de luns a domingo, posto que o noso impredecible clima obriga a vendimar en calquer dia da semán.
As estimaciós prevén que se comence coa vendima a mediados do mes de setembro, cando algunhas adegas empecen e así paulatinamente ata completar a totalidade de adegas.
Segundo fontes do sector, sindicatos agrarios e bodegueiros, estímase que para esta vendima se contratarán uns 2.000 temporeiros. A
esta cifra hai que sumar os viticultores inscritos, que o pasado ano
foron 6.714 viticultores e 180 adegas segundo datos ofrecidos polo
Consello regulador desta Denominación de Orixe.
Estas mesmas fontes estiman que poderían ser unhas 20.000 persoas as que participen na vendima de Rías Baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.